Illa Decepción (novela)
Illa Decepción | |
---|---|
Título orixinal | Illa Decepción |
Autor/a | Berta Dávila |
Cuberta | Berta Dávila |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa (nº 421) |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 29 de outubro de 2020 |
Formato | Rústica con lapelas |
Páxinas | 141 |
ISBN | 978-84-9151-559-3 |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Illa Decepción é a terceira novela da escritora compostelá Berta Dávila, escrita en galego e publicada por Galaxia no 2020[1]. Nese mesmo ano gañou a XIV edición do Premio Narrativa Breve Repsol[2].
Trama
[editar | editar a fonte]A novela divídese en seis capítulos. Os capítulos impares xiran arredor das casas habitadas pola autora ao longo da súa vida. Os capítulos pares xiran arredor de Illa Decepción, o nome da illa que a autora crea no videoxogo Beautiful Island.
En realidade a trama non segue un desenvolvemento lineal, senón que resulta un pretexto para que a autora desenvolva unha serie de reflexións sobre diversos acontecementos da súa vida. Os temas que se tocan na novela son propios do ámbito íntimo da autora, como a maternidade, a relacións interpersoais, a relación cos obxectos e os espazos vividos ou o estado anímico da propia autora. Nesa liña son constantes as regresións temporais que nos levan a momentos da infancia e da mocidade da autora.
Narración
[editar | editar a fonte]A novela nárrase en primeira persoa. Pola súa temática e o lirismo da súa linguaxe a obra aseméllase a Carrusel, a anterior novela da autora. Emporiso, nesta ocasión teñen maior peso os aspectos metanarrativos ou a reflexión sobre o contexto social en que se desenvolve a redacción da novela, que coincide en boa medida co confinamento domiciliario decretado no territorio español a causa da crise do coronavirus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha da novela na Editorial Galaxia". Consultado o 13/08/2021.
- ↑ "La novela Illa Decepción de Berta Dávila ganadora de la XIV Edición del premio de Narrativa Breve". Consultado o 13/08/2021.